FOTOGRAMETRÍA
LÁSER ESCANER
A fotogrametría aérea e terrestre permítenos adquirir nubes de puntos de alta resolución para a xeración de MDEs, MDTs, cubicacións, así como unha ampla gama de produtos cartográficos como ortofotos de alta resolución , cartografía , alzados de fachada en edificación ou modelos 3D con textura fotorrealista de todo tipo de elementos.
Nubes de puntos
Directamente a partir do escaneo láser ou o procesamento fotogramétrico, obtense unha nube de puntos 3D que representa con precisión xeométrica unha realidade física.
Ortofotos / Alzados
A través da fotogrametría aérea con drons obtemos ortofotos, ortomosaicos e ortomapas de alta calidade e resolución.
Documentación patrimonial
A través da documentación 3D obtemos datos xeométricos de alta calidade sobre todo tipo de elementos do patrimonio, xerando entre outros produtos alzados fotorrealistas.
Modelos 3D
A partir da nube de puntos é posible obter modelos 3D con textura fotorrealísta que permitan unha completa visualización e análise da área de estudo.
Medición de volumes
A partir dos modelos de elevación realizamos cálculos volumétricos de acopios ou comparación de diferentes datas.
Virtualización 3D
Usando técnicas de realidade virtual é posible desenvolver experiencias inmersivas con modelos 3D de escenarios e obxectos reais e crear o teu propio museo virtual 3D.
XeoDron é unha empresa con ampla experiencia en técnicas de adquisición de datos en 3D como fotogrametría ou dixitalización con láser. Os principais produtos que podemos ofrecer grazas a estas novas técnicas para adquirir datos masivos son:
- Nubes de punto 3D de alta densidade.
- Ortofotos xeorreferenciadas de alta resolución.
- Restitucións / Cartografía / Planos.
- Modelos dixitais de elevación / Modelos dixitais do terreo.
- Enquisas topográficas / Curvados.
- Levantamentos topográficos / Cálculo de volumes / Inventario de stocks / Movementos de terra / Peritacións
- Virtualización en 3D de elementos do patrimonio.
- Alzados fotorrealistas de edificacións e patrimonio arquitectónico.
- Museos 3D.
- Documentación xeométrica para todo tipo de elementos patrimoniais.